A metade dos emprendementos que participarán na 6ª edición do Pont-Up Store teñen a sostibilidade no cuore do seu negocio

Pont-Up Store 19-21 Setembro / Praza de España / Pontevedra

A organización seleccionou os 46 emprendementos con máis potencial de desenvolvemento entre un total de 168 candidaturas procedentes de toda Galicia, o que supón un incremento do 17% con respecto á anterior edición. Este ano, destaca a cantidade de empresas de nova creación que plantexan solucións para reducir a pegada ecolóxica desde múltiples ambitos; e tamén as iniciativas para activar o rural galego. A tecnoloxía e a comunicación son ferramentas que as nosas empresas saben usar cada vez máis e mellor; e aumenta tamén a escolla da fórmula cooperativa á hora de emprender. Esta edición confirma un mapa galego de emprendemento cada vez máis equilibrado entre as cidades e o rural, que achega un tercio do total das propostas.


Pontevedra, 23 de xullo de 2019.- O PONT-UP STORE chegará en outono a Pontevedra por sexto ano consecutivo, cunha representación de emprendementos procedentes de toda Galicia, escollidos en base ao seu potencial de desenvolvemento e orientados a modelos de negocio moi diversos nos que están representados todos os sectores. Non foi tarefa fácil  para o comité organizador seleccionar as 46 empresas que van participar no encontro, e deixar atrás 122 candidaturas do total das 168 recibidas nesta edición; pero é síntoma do potencial de que ten Galicia e tamén do nivel alcanzado polo evento, que se consolida progresivamente como o maior encontro do novo emprendemento en Galicia

Destas 46 empresas seleccionadas, 34 contarán cun stand gratuíto para mostrar os seus productos, ideas e servizos, e 14 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades demostrativas, con propostas tan interesantes como demostracións de marketing olfativo, probas con vehículos eléctricos, sesións de formación científico-tecnolóxica para a rapazada, un taller de maxia, un obradoiro de panadería artesá e unha proposta práctica sobre como conseguir a difícil e sen embargo posible tarefa de reducir o noso consumo de residuos plásticos.

Por último, 10 emprendementos participarán no Puntazo Exprés, onde terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a importantes executivas e executivos de grandes empresas e entidades galegas: Uxía Fontán Lago, social media e directora de inbound marketing en Roi Scroll; Carlos Suárez Rey, socio e director xeral de EDISA; Jessica Rey Gómez, responsable de marketing en Casa Grande de Xanceda; eTomás Casquero Cimadevila, director xeral da biotecnolóxica galega Hifas da Terra.


O director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa, explica que “nesta edición volvemos constatar un importante incremento na cantidade e calidade dos emprendementos que presentaron candidatura, tanto no seu carácter innovador como no potencial de desenvolvemento”. En canto á procedencia das candidaturas, Figueroa afirma que “o Pont-Up Store consolídase como o referente do novo emprendemento en Galicia con un tercio das candidaturas procedentes de fóra das sete grandes cidades galegas, o que é indicativo da boa saúde das dinámicas emprendedoras nas vilas e no rural galego”. O director do Pont-Up tamén destacou que nesta edición “sorprendeunos a gran cantidade de empresas orientadas a minimizar o impacto medioambiental desde diferentes ámbitos; de feito case a metade das seleccionadas teñen a sostibilidade como liña central do seu negocio” e engadiu que “tamén celebramos que continúe aumentando o número de proxectos que teñen como obxectivo activar o rural, non só con propostas vinculadas ao sector agroalimentario, senón tamén con propostas de base tecnolóxica”. Por último, destacou o número de emprendementos orientados ao sector da formación, seguidos polos de decoración e moda e os de turismo, ocio e saúde. Pedro Figueroa lamentou non poder acoller a máis emprendementos e explicou que “tras unha selección que procura o maior equilibrio posible entre os diferentes sectores e actividades, houbo proxectos de gran calidade que non puideron ser seleccionados finalmente debido ao límite de prazas dispoñibles, pero isto hai que velo como unha mostra da boa saúde e potencial que temos como país emprendedor”.

Entre as empresas específicamente orientadas á sostibilidade destacan Huella Menguante, unha tenda online de productos de uso diario orientados a reducir os residuos plásticos, productos reutilizables, biodegradables e de cercanía; Beflamboyant, fabricante de zapatillas veganas; eezon E3, fabrican scooters eléctricos de 3 rodas para moverse pola cidade; D- Raíz, unha marca de complementos de moda sostible manufacturados en Galicia; Estudio Avelaíña e Cetácea Studio fan deseño creativo sostible co obxectivo de “salvar o mundo”; A Factoría Atelier recuperan mobles e fan creacións artesanais de decoración e complementos a partir de materiais recuperados e sustentables; Meraki Ferments son os primeiros en elaborar Kombucha en Galicia; Somos Terra, ofrecen formación en sostibilidade e asesoramento en desenvolvemento sostible; Farrapos e contos, é un movemento ecolóxico, sostible, solidario e consciente creado a partir dunha marca de roupa conta contos; a cooperativa Catro Ventos, é unha editora que enfocada a publicacións de ecoloxía, consumo sustentable e economía social; Toxo Aventura eRooteiro, ofrecen interesantes propostas de turismo sostible; e a cooperativa Triquels, que axudamos a empresas e marcas con valores a mellorar a súa comunicación e sustentabilidade. Aínda dentro da sustentabilidade, é esperanzadora a cantidade de negocios lanzados desde o rural ou co obxectivo de actívalo. MycoGalicia Plantae, céntrase na xestión e valorización do recurso micolóxico dos montes galegos para o desenvolvemento rural; Tres Fuciños, é unha cooperativa de porcos celtas criados en liberdade nos nosos montes de castaños e carballos; e Galician Rural Lab, propón unha plataforma de empoderamento das parroquias do rural galego a través do método da fotografía e o vídeo participativo. Tamén ven do rural A3 Proyectos, dedicada á representación virtual de proxectos de Enxeñaría e Arquitectura. Outras propostas con base teconolóxica son Kidcode, pero neste caso cun proxecto de formación científico-tecnolóxica para rapaces, enfocado a axudarlles a identificar os seus talentos e habilidades a través da tecnoloxía.  TICgal que dá soporte a unha aplicación opensource chamada GLPI; Nososono, un espazo online onde artistas, deseñadores emerxentes e artesáns expoñen, difunden e venden os seus produtos pensados e fabricados a man; Mundo Escénico, unha plataforma dixital creada co obxectivo de modernizar, democratizar e facer máis accesible o mundo das Artes Escénicas en Galicia; Koompany Growth Partner, unha consultora de crecemento, negocio dixital e marketing online; Revista Morcego, publicación dixital centrada exclusivamente en información sobre videoxogos en galego;Siente VR, unha productora de contidos inmersivos a través de fotografía e vídeo en 360º. 

E como cada ano, tamén haberá espazo para curiosidades como a de Apelmatic, dedicada ao interesante e descoñecido mundo do marketing olfativo como ferramenta para conquistar público mediante os aromas, que ofrecerá os seus servizos durante o encontro.