A 7ª edición do Pont-Up Store presentará 46 startups galegas que destacan pola innovación e a creatividade

Pont-Up Store 17-19 Setembro / Praza de España /Pontevedra

A 7ª edición do Pont-Up Store presentará 46 startups galegas que destacan pola innovación e a creatividade

Tras un difícil proceso selección no que se valoraron as 149 candidaturas de novas empresas galegas e estatais, o comité organizador da Pont-Up Store presentou a lista definitiva de participantes. Nesta 7ª edición do encontro vanse presentar os emprendementos de un total de 46 empresas que destacan pola innovación e a creatividade das súas propostas. O director do evento, Pedro Figueroa, valora moi positivamente estes resultados de inscrición, cos que, a pesares da recesión económica provocada pola pandemia e de contar con 10 días menos de prazo, logrouse igualar prácticamente o número de empresas que optaban a participar no evento de referencia do novo emprendemento no noroeste peninsular.


Do 17 ao 19 de setembro Pontevedra volverá ser o referente do novo emprendemento cun programa que se desenvolverá en formato híbrido, combinando actividades online con presentacións ao vivo desde a carpa da Praza de España e outras localizacións da cidade. En total van participar nesta 7ª edición 44 startups galegas repartidas do seguinte xeito: 36 empresas con stand, 10 empresas que desenvolverán actividades demostrativas na carpa, e 8 empresas que participarán no talent business Pont-Up Exprés.

Desde a organización, amosan grande satisfacción por estes resultados cuantitativos, así como polos datos que se desprenden ao analizar a procedencia dos emprendementos participantes. As novas empresas implantadas no rural continúan medrando e consolidando unha tendencia de emprendemento; a provincia de Pontevedra volve confirmarse como a área con máis pulo emprendedor; aínda que, con respecto a edicións anteriores, increméntanse as solicitudes procedentes do resto de Galicia e tamén  os emprendementos radicados fóra de Galicia, o que confirma unha vez máis ao Pont-Up Store como o encontro de referencia do novo emprendemento no noroeste peninsular.

En canto aos ámbitos de emprendemento, o encontro volve rexistrar unha participación multisectorial con moita diversidade nas tipoloxías participantes e grande presenza de emprendementos innovadores e creativos. A gastronomía é a actividade arredor da que xiran A FACTORÍA DO LUME con elaboración artesá de salsas e productos picantes; BILURICO READY TO DRINK TEA con tés e infusións ecolóxicas en botella; MISTERIO BREWING, unha pequena marca de cervexa independente; TRIGO LIMPIO, que cultiva, amasa e coce fariña de trigo galego elaborada con técnicas tradicionais; TAPPEAR DRINKS & TAPAS, un app con información de interese sobre bares; e CHACK MOLL TAQUERÍA MEXICANA.

Arredor da moda, os complementos, a xoiería e as tendencias estarán un numeroso grupo de empresas que destacan polo seu enfoque social: CONLOQUETENGO, CONTRAFORM, A OVELLA NEGRA, AIFALACHES.GAL, BINK&PLUE, FIO DE MARTIÉ, NAEL SWIMWEAR, NAI DESEÑOS, O FANECO, OFFCONNECTION, MII AND LOLI, e PANDA BOHÈME.

En torno aos diferentes ámbitos artísticos foron seleccionadas AMALGAMA XESTIÓN ARTÍSTICA, XEITOSA PRODUCIÓNS, AR DE ARTE, BAIA FERNÁNDEZ DE LA TORRE, MEMBRILLA, HOLLYMARA, CREATIVAS GALEGAS, e LA PARABÓLICA

Coa sustentabilidade no cuore do seu negocio presentarán as súas propostas CORAZÓN DE CARBALLO GRANXA ESCOLA, ERTHA SURFBOARDS e EUCA GREEN No ámbito dos servizos para eventos estarán PIXELECER AUDIOVISUAL, RAYONUBESOL PHOTO e HELTE DESIGN.

Coa actividade centrada no rural galego, participará SMARTWOOD, unha ferramenta orientada á mellora da produtividade e o rendemento das explotacións agrícolas e forestais.

E coa vista posta na innovación a partir da tecnoloxía e o abastecemento enerxético e o marketing estarán WEET ENERGY & TELECOM, a plataforma de dixitalización XERMY e a consultoría de innovación I+ADN con interesantes patentes en fase de comercialización.

Algunhas das empresas que participan con stand desenvolverán tamén actividades demostrativas. É o caso de CREATIVAS GALEGAS que presentará a súa marca a partir da creación dun ‘cadáver exquisito’ traballando en directo con artistas de diferentes sectores durante os días do encontro; BILURICO READY TO DRINK TEA ofrecerá unha cata dos seus tés e infusións embotelladas; XEITOSA PRODUCIÓNS programará miniconcertos en formato showcase das artistas que representan, e tamén impartirán un curso de produción dun evento musical; e  ERTHA SURFBOARDS que ensamblará en directo unha táboa de surf de madeira a partir dun kit de auto-construción. Entre as que teñen só presenza con actividade están QUEIXO E APARTE que fará un pequeño obradoiro-degustación sobre o mundo do queixo; FENTO MODA SUSTENTABLE GALEGA, cunha charla que será retransmitida en streaming sobre os impactos medioambientais e sociais do textil; KOOMPANY gravará un podcast en directo sobre o marketing dixital e impartirá un obradoiro sobre a internacionalización dixital para emprendedores;  MIGUEROA OCIO EDUCATIVO ten preparado un obradoiro de creación de isntrumentos musicais a partir de refugallos; e LA PARABÓLICA, con Julia de la Cal á fronte, ofrecerá unha demostración de cestería contemporánea.

O Pont-Up Exprés centrará de novo a expectación arredor do exitoso formato talent business que nesta edición dará a oportunidade a 8 startups galegas de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a representantes de importantes empresas e entidades galegas. Nesta edición contaremos con Margarita Hermo Figueira, directora da Asociación Galega de Empresa Familiar e responsable de Relacións Institucionais da corporación empresarial conserveira Jealsa; Emilio Bruquetas Serantes, director xeral do grupo enerxético galego Reganosa Holdco; Ángel González Calvo, Presidente executivo da compañía internacional especializada en iluminación, sinalización e mobiliario urbán, SETGA que xunto coa carta escoitante, Virginia Pozo Castro, fundadora, CEO e Directora Creativa da firma de moda internacional Coosy, representan a internacionalización de empresas con base e orixe en Pontevedra. Ao igual que o ano pasado, as presentacións serán abertas ao público e haberá tempo para a réplica por parte das persoas escoitantes. As empresas que presentarán os seus emprendementos a este comité de expertos son THE GOOD SHOP, ANAINAS SKIN PEACE, VIVEGREENS, ERTHA SURFBOARDS, SMARTWOOD, VERSOS DE A RUDA, O GALPÓN LAB, A FACTORÍA DO LUME.

O Pont-Up Store está liderado polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, e é froito da cooperación de case 40 entidades públicas e privadas que durante estes seis anos foron sumándose como patrocinadores ou colaboradores ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.

Podedes consultar AQUÍ o dossier de empresas seleccionadas, con todos os detalles de cada emprendemento.